duas webs de interese, ambas as duas en galego e doentes de certo bloqueirismo, pero moi úteis:
GALICIA ENCANTADA
LENDAS DE GALICIA
leituras recomendadas:
Leyendas tradicionales de Galicia - Leandro Carré Alvarellos (existen varias edicións)
A trabe de ouro e outros contos, Tres contos marabillosos de Vicente Risco (nas edicións modernas os textos están noxentamente normativizados). Calquer dos estudos etnógráficos de Risco relacionados co tema.
Contos de Santos e Nadal, de Ramón Otero Pedrayo.
Calquer cousa escrita por Alvaro Cunqueiro.
O poema de Ramón Cabanillas Na noite estrelecida, traslación mítica do ciclo artúrico a Galiza.
Contos galegos de tradición oral, de Camiño Noia Campos
...
Da patria e religion o fogo santo
Na gente de Galicia atéa tanto,
Que morrer só deseja,
Primeiro que sufrir á negra mingua
De que os Mouros lle manchen a sua lingua.
Nin as leis, nin costumes, nin a Igrexa ...
En toda las edades os Gallegos
De España muy leales defensores
Probaron po lo mar e po la terra
Que non se presentaban nun-ha guerrra
Soldados mais valentes nin mellores ...
Non te acòres ti pois, nobre Galicia, ...
Quizais teus fillos inda che precuren
Un novo menumento,
E ardendo no amor patrio que eu che juro
Resóe traspasando o firmamento
O nome de Galicia santo e puro.
D' aqui non nos arrincan herejes nin gentios,
Nin tod' os protestantes con mouros e judios.
---
A' Galicia - Joan Manoel Pintos, 1861
ler mais
Actualmente hay 1 usuarios viendo este tema. (0 miembros y 1 visitantes)
Marcadores