(série textos esquecidos do Galeguismo)
[nota: O vosso amigo forista Cavaleiro nom se identifica coa totalidade do texto reproduzido a continuaçom, mas cré simplesmente necessário o espalhamento de textos acalados ou esquecidos polos particularismo bloqueiros e pepeiros na Galiza, suplantadores ambos do verdadeiro Galeguismoque, do que se reivindicam herdeiros ]
[o sublinhado em vermelho é meu]
Sempre en Galiza, fragmento
Así, pois. non foi Portugal tan escravo de Castela baixo o cetro dos Felipes; pero coñecendo a soberba e intransixencia dos casteláns, faltáballe aos portugueses a seguridade en si mesmos, no peso e na forza da súa nación. Atrevémonos a decir que os portugueses, arrimados ao séquito femenino dos reía hespañoes, usaban e abusaban da língoa de Castela obedecendo a un complexo de inferioridade, que se repiteu máis tarde co afrancesamento das crases superiores, Non foi recíproco o influxo lingoístico, pois en Castela non se usaba o portugués nin para lisonxear âs Princesiñas portuguesas, que máis estimaban a língoa estranxeira que a propria. ¿Por qué unha alianza luso-castelán pon en perigo a integridade moral dos portugueses anque non eisista unha intención asimilista por parte de Castela? Simplementes, porque Portugal sen Galiza resulta pequeno, reducido i endeble â-veira de Castela, e o premio d-unha alianza non pode calmarlle o medo de ser absorbido.
Compre lembrar que os lisboetas (especie de andaluces que falan galego cos dentes pechados) fartáronse de aldraxarnos durante o seu cautiverio, nada máis que por facérense gratos os casteláns, iñorando que se aldraxaban a sí mesmos (a orixe d-eses aldraxes está na pauliña dos Reis Católicos, pol-a defensa que fíxemos da Beltraneja.). Diremos máis: os lisboetas bulrábanse igoalmente dos portugueses do Norte, porque éstes eran galegos. Nos séculos XVI e XVII os portugueses empregaban o castelán co evidente favor con que os casteláns do século XII e XIII empregaron o galaico-portugués, e se no período dos Austrias non eisistira o divorcio moral e cultural antre portugueses e galegos, é cordo pensar que as influencias serían recíprocas e que a unión ibérica sería garantia de benestar e grandeza mutuas. Agora ben; a nosa actual separación será cicais unha continxencia política inevitable no plazo mortal dos homes que agora vivimos; pero a compenetración galaico-portuguesa é unha fatalidade inescusable, que debe fomentarse, a non ser que os portugueses se resiñen a viviren en constante simulacro de soberanía, mediatizados por potencias estranas â Penínsua.
Probada para Portugal as avantaxes d-unha alianza ou unión hispana, sería ben doado esvaer os temores da súa absorción por Castela o dia en que Hespaña abrazase o réxime federal, cando Galiza fose autónoma e se abrise, de par en par, a fronteira miñota aos efeitos da língoa, da cultura, da arte, do esprito...En fin; cando creásemos un período equivalente ao dos Cancioeiros."
[fim da citaçom]
---comentário: cumpre nom esquecermos que Castelao era o único exponente de categoria dumha interpretación progresista, pro-republicana e filomarxista (pro Frente Popular) do Galeguismo. Se bem Castelao entende por "autonomía" a forma política da Galiza dentro duma república federal e progresista, o galeguismo católico e tradicionalista entendia esa ferramenta só dentro do marco republicano e pre-revolucionário de 1931-36, e só como instrumento para a "renovazón integral" de Galiza e da Espanha, conforme doutrinas católicas, anticapitalistas e antimarxistas. Cumpre salientar assi mesmo que Castelao, ao contrário que toda a plana maior do Galeguismo, nom era um católico praticante e militante. O seu filomarxismo nom o arredou de todo do amor a Portugal e da ideia renovadora da Hispania, ainda que hoje seja presentado como um precursor do bloqueirosmo e do independentismo. Assi, como mostra o texto, parece que Castelao nunca esqueceu de todo o angazo.
Última edición por Cavaleiro; 22/03/2005 a las 12:33
Actualmente hay 1 usuarios viendo este tema. (0 miembros y 1 visitantes)
Marcadores