[p.259]
A USURA
Nunha aldea como as máis,
que cae debaixo do ceo
nunha esquina deste mundo,
que está e petoutos cheo,
tirando frente ó naris,
indo para alá en direito,
terra mui ben conocida
por ter os ubres recheos
que cubizan e que monjen
[p. 260]
máis que os nados os alleos,
ubres que non se escurrichan
que sinón ja estaban secos,
había un cura xa andado
que podía ser bo crego
porque non tiña sobriños
nin tiña ama de goberno
nin tampouco comerciaba
nin tampouco era aparceiro
nin tiña de seda a roupa
nin cabalos de recreo
nin andaba vagamundo
nin jogaba ó timbareiro
nin ás cousas deste mundo
lles mostraba muito apego;
que estudiaba día e noite,
enseñaba o evangelio
amostrando a súa conducta
de tal doutrina un espello.
Tiña na porta da casa
escrito un gordo letreiro
que seique
dicite in lumine
decía e mais
super tecto.
Ja pola esqueira subindo
había outros muitos textos
do capitlo vinte e tres
que predicou S. Mateo.
E nun cadro mui bonito
dentro do seu apousento
líase,
libri sapientiae,
todo o capítolo sexto.
[p. 261]
Pois a este cura que digo
tiñalle eu mui gran afeuto
e non perdía sermón
que predicase no tempro.
Inda se me lembra un
que todos adeprendemos cantos fomos a escoitalo
porque o botou en gallego.
Sólo o tema era en latín,
que mo dou copiado el mesmo
e vouno poñer aquí
porque ten poucos carreiros,
e tras el irá o sermón,
mui fiado polos dedos,
con todo aquelo que dixo
o crego nin máis nin menos.
Bene facite et mutuum date, nihil inde sperantes; et
erit merces vestra multa, et eritis filii Altissimi
Luc. cap. 6 v. 35.
Foi sempre noite para os probes sólo,
que pan mui negro sin area de sal
botan nun caldo ben escoado e grolo,
sudando o comen sin facerlles mal.
Inda que é muito, pensan almas duras
que na miseria ceban a codicia,
sin medo a Dios ajuntan brancas suras
para mercar as penas da justicia.
[p.262]
¡Cantos na terra botan o seu millo
para pagar á espiga cada gran!
¡Cantos en coiro miran o seu fillo
que come a fame con prestado pan!
Non vos cansedes torpes usureiros,
non vos cansedes ajuntando o ouro,
que alá na cova non valdrán diñeiros
e só as virtudes serven de tesouro.
Non vos fiedes dos papeles falsos
con que enañás jueces desta terra,
que muitos penden nos fataes cadalsos
injustamente e a vinganza berra.
As vis astrucias de que vos valedes
para pedir o que non emprestastes
son as congoxas que no peito tedes
e a sentencia do que mal levastes.
Si vos gabades de ser bos cristiáns
que dos judeos seguides o enxempro
levando dous por un, malos irmáns,
botade fóra, fóra deste tempro.
Non vos acuitan os lamentos tristes
desa miseria que facés chorar,
almas cativas, porque nunca vistes,
os vosos fillos ir a pordiosar.
Algún de aquí do púlpito estou vendo
que ten roubada a leira do viciño,
[p. 263]
que lla deixou no préstamo gemendo
cal vai no lazo o páxaro do niño.
¡Semente ingrata que bo fruto deches
para outro dono que non semeou!
¡Quixera Dios que como ti creceches,
non creza a pena do que te emprestou!
Tamén eu vin riquisimo aderezo
que fora dado en prenda nun apuro;
mais rescatado nunca foi por eso,
¡cobrar querían dous por cada duro!
Algunhas outras prendas tamén vin
mercar de balde a unha persoa rica:
¡seu dono estaba xa tocando o fin
e aqueles cartos iban á botica!
¡Ah miserables! Cando volva a sorte
a roda inquieta da venal fortuna,
será a conciencia da color da morte,
campana triste tocará importuna.
E si vos vedes en calquer apreto,
sentirés antes de que chegue o mal,
e o sentimento non será indiscreto,
por non haber feito ben en caso tal.
Calquer ladrón de noite polo escuro
sae a roubar compromentendo a vida;
mais o usureiro rouba máis seguro
coa rede de ouro sempre ó sol tendida.
[p. 264]
¿Que importa a lei humana ni'a divina
contra esa praga que a probeza aumenta,
si ja no'hai fe de Cristo na doutrina
si todo está no mundo ja de venta?
Que vaian dar a queixa ó tribunal
os que pagaron unha enorme usura,
que aunque o juez conoza certo o mal
farán as costas bo remedio e cura.
O recibiño ja estará amañado
ou ben testigos que non viron nada
e probarán que sólo o emprestado
se recramou por deuda retrasada.
Aquí os enganos logran vencimentos;
mais non pensés tamén que tal faralla
seralle adoito o terzo sacramento,
porque eso alí non val máis que borralla.
E si fingís pedir a ausolución
sin limpa ter a alma do pecado,
facei de conta que esa confesión
valera máis no habela practicado.
Mui cheos ides para o pé do altar,
como o raposo mainos recibís,
pero o remorso non vos dá vagar
mentres que o roubo non restituís.
[p. 265]
¡Que tolos sodes si pensás mercar
con panxoliñas falsas devociós,
a paz da alma, que non pode achar
quietude oíndo tantas maldicións!
Eu non vos falo por filosofías,
legislación de varios mil saberes,
nin para min hai máis economías
que a lei de Dios, que di nosos deberes.
¡Hipocritas ides rezar os rosarios,
baixando a cabeza polas procesiós,
colgando levades os escapulatorios
e mixiricadas facés nos sermós!
Papades as hostias, sorbedes a misa,
e, mentres, estades alí maginando
como han de quedar sin pan nin camisa
aqueles a quens lles fostes prestando.
Mil golpes de peito na igrexa pegades
á vista das gentes. ¡Que moinas, que doidos!
As roupas dos santos tamén as bicades,
e Dios se está rindo de tales entroidos.
Eu ben vos conozco por máis que pensedes
fugir de vós mesmos con tales sandeces,
que, mentres que o roubo que tes n'o
[poñedes
na man do seu dono, non sirven as preces,
[p. 266]
Infames ja sodes por auto da igrexa
e escumungados ja estades tamén;
terés sepultura de fóra da rexa
a donde se enterran os mortos de alén.
Catai que no'hai bulda de composición.
Perdón tal pecado non ten, que é mui grave,
porque se alimenta de toda aflicción,
o sangre dos probes sugando suave.
¿Non vistes chorando aquel labrador
cos ollos cravados na terra do arado?
Levaralle os bois un ejecutor
dun vil usureiro que o tiña afogado.
Viúdas e orfos e mais retirados
e tod'os que tendes escasos diñeiro
decide, decide, contade cuitados
do modo que aforca ruín usureiro.
De pouco lle sirve seu duro metal
que o tempo co tempo virá a derreter.
Coa chave na man do juício final
verelo roxente no medio a ferver.
Si fillos do Altísimo ser desexades,
prestade sin prezo que ricos seredes;
terásevos conta das vosas bondade,
millenta por unha no ceo acharedes.
Así reza o tema deste meu sermón.
Dios queira o dixese para o voso ben,
[p. 267]
e vos alumiñe súa bendición.
Veredes a groria para sempre, amén
[...]
Marcadores