Búsqueda avanzada de temas en el foro

Resultados 1 al 2 de 2

Tema: <<Nosa idea de danza>>O COMEZO DUNHA NOVA POLÍTICA CULTURAL NA XUNTA DE GALICIA

  1. #1
    Avatar de David de l'horta
    David de l'horta está desconectado Miembro graduado
    Fecha de ingreso
    04 mar, 05
    Ubicación
    Catalunya, Las Españas
    Edad
    43
    Mensajes
    732
    Post Thanks / Like

    <<Nosa idea de danza>>O COMEZO DUNHA NOVA POLÍTICA CULTURAL NA XUNTA DE GALICIA

    A consellería de Cultura vén de destituír a directora do Ballet Rey de Viana. Levaba 55 anos na compañía e estaba exactamente nas antípodas ideolóxicas do BNG. Pero o curioso da historia é que a botan «porque non responde á idea que ten da danza o novo Goberno».

    Ábrese así diante da Xunta unha tarefa apaixonante. Unha vez que quede lexislado a que velocidade hai que bailar a muiñeira, teremos aínda moito que facer: ¿Cal é o xeito correcto de representar a Shakespeare?, ¿pode seguir aparecendo en escena un personaxe como Otelo? A conselleira debe frear tanto seixismo noxento. Fóra Shakespeare: Sarabela para todos. ¿É o impresionismo gabacho unha maneira axeitada de achegarse á realidade galega? Non: mellor Laxeiro. ¿Responde Kubrick á nosa idea de cine?, ¿non é mellor un remake de Sempre Xonxa ? ¿Haberá novelas adecuadas e inadecuadas (como pasa xa nos programas de galego dos institutos, onde fan caixa os autores «recomendados»? Falen en serio. Salven o galego, que está moi, moi ferido. E despois, xa bailaremos...

  2. #2
    Avatar de Cavaleiro
    Cavaleiro está desconectado del minifundio a la parcelaria
    Fecha de ingreso
    14 mar, 05
    Mensajes
    653
    Post Thanks / Like

    Re: <<Nosa idea de danza>>O COMEZO DUNHA NOVA POLÍTICA CULTURAL NA XUNTA DE GALICIA

    Libros antiguos y de colección en IberLibro
    Unha nova Konsellaria de Kultura?


    O BNG é o sidecar do governo galego biplaza e, alén doutras cousas, tamén é o rexedor da Konsellaria de Kultura. A Kultura do Bloke sempre andivo a meio camino entre o folclorismo choromica-manipulador e o batasunismo moderado.

    O Balet Rey de Viana sempre foi aldraxado como "franquista" polos enxeñeiros culturais do Blokerismo. As Bandas de Gaitas que homeaxaban a Fraga como nun filme da Leni Riefensthal eran "escocesas" e pouco "tradicional". Asi e todo, músicos consagrados como os Milladoiro e Carlos Núñez están xa moi por riba de Fraguismos e Blokerismos e os hippies, celtistas e pseudopuristas da músika filoblokeira nunca lograron repetir nen de lonxe o éxito popular de unha Roda, de uns Tamara ou de un Fuxan os Ventos –sendo este último o único producto cultural de calidade saido do blokerismo dos anos setenta e moito.

    Porntanto, cumpre facermos a pregunta de qué kultura é a que ven de mao da Konsellaria Blokultural, con que nos van vir estes enxeñeiros de nacións castradiñas e aldraxadiñas. Visto está que o folclorismo pepeiro só vale cando hai xefes nacionalistas á frente das bandas de gaitas e dos coros e danzas. Optarán os enxeñeiros socionacionais por un folclorismo pepeiro descafeinado e baixo xefes propios, ou pola contra parirán un folclore esquerdo-nacionalista de seu, progre e anti-español, merengado de talante e postmodernismo multikultural?

    Polo de agora, o nomeamento do barón ferrazista Torito como presidente da Ksunta foi o primeiro sen gaitas en moitos, moitos anos –mostra do conceito difuso de unha política cultural bipartita condenada a se definir na interacción do particularismo neurótico e o progresismo masónico.

    Tamen temos que nos manter á espreita no caso da TVG. Volveremos á televisión de Laxe e ao "Galicia sitio distinto" do pro-etarra Antón Reixa”? Ou imporá a Rua Ferraz unha receita mais actual e chea de talante, algo asi unha versión telegalega da SER e El Pais? Mágoa que Haro Tecglen vai de camiño do asador, senon ainda estaba a tempo de ser nomeado Director Xeral da TvG, TalanteVisual Galego.

    O argumento tradicional dos Blokeiros para explicar as suas cuadas eleitorais sempre foi o choromiqueo sobre o control mediático dos meios por parte de Fraga. Vamos ver o que fan agora eles, polo meno en tanto que os seus sócios socialistos, expertos en manipulación mediática, non separen o sidecar da "amoto".
    ...
    Da patria e religion o fogo santo
    Na gente de Galicia atéa tanto,
    Que morrer só deseja,
    Primeiro que sufrir á negra mingua
    De que os Mouros lle manchen a sua lingua.
    Nin as leis, nin costumes, nin a Igrexa ...

    En toda las edades os Gallegos
    De España muy leales defensores
    Probaron po lo mar e po la terra
    Que non se presentaban nun-ha guerrra
    Soldados mais valentes nin mellores ...

    Non te acòres ti pois, nobre Galicia, ...
    Quizais teus fillos inda che precuren
    Un novo menumento,
    E ardendo no amor patrio que eu che juro
    Resóe traspasando o firmamento
    O nome de Galicia santo e puro.

    D' aqui non nos arrincan herejes nin gentios,
    Nin tod' os protestantes con mouros e judios.
    ---
    A' Galicia - Joan Manoel Pintos, 1861

    ler mais

Información de tema

Usuarios viendo este tema

Actualmente hay 1 usuarios viendo este tema. (0 miembros y 1 visitantes)

Temas similares

  1. Sancho III "el Mayor", un Rey pamplonés e hispano
    Por Lo ferrer en el foro Biografías
    Respuestas: 7
    Último mensaje: 11/01/2008, 22:33
  2. La Hélade en la Piel de Toro
    Por Ordóñez en el foro Prehistoria y Protohistoria
    Respuestas: 0
    Último mensaje: 16/09/2005, 18:16
  3. Los Fueros de Sepúlveda
    Por Ordóñez en el foro Historia y Antropología
    Respuestas: 1
    Último mensaje: 04/08/2005, 17:22

Permisos de publicación

  • No puedes crear nuevos temas
  • No puedes responder temas
  • No puedes subir archivos adjuntos
  • No puedes editar tus mensajes
  •