Portugal ten o mérito de darnos o orgullo de pensar que un idioma similar ao das nosas cantigas medievais hoxe pode falarse en lugares tan lonxe coma Brasil ou Angola.
Pero hai que ter moito coidado cos temas anexionistas entre Portugal e Galiza. Moitos separatistas en Galiza utilízano coma excusa para a separación de España e moitos portugueses tamén o ven con malos ollos xa que pode servir como excusa para borrar o que son e convertelos nunha simple proxección de Galiza.
O caso de Galiza/Portugal é similar ao de Asturias/León. Forman parte da Hispania e existen vínculos internos moi evidentes pero son temas a tratar con moito coidado.
Marcadores