Cada ano, cando chega o 17 de maio, as nais sacan das maletas de debaixo da cama os traxes de galega para mandar ás pequenas ás actividades extraescolares. As nenas e nenos bailan, recitan un poema de Rosalía, pintan no chan con xis o careto de Castelao ou escriben unha redacción hiperenxebrista na que manifestan o seu amor á lingua cun vocabulario pensado para conmover a Otero Pedrayo. Parece unha escena feliz, pero entón, como nos contos antigos, de entre a multitude sae un profeta. Porque o Día das Letras non pode ser só unha celebración, tamén ten que ser un día para a preocupación.
«O galego desaparecerá», trona o profeta con voz rouca, «e os ríos secaranse, e o feísmo arquitectónico apoderarase das aldeas, e baixará o Anxo da destrucción e ninguén pronunciará as abertas e pechadas correctamente». Os nenos asústanse con estas cousas e quedan sen fala. Literalmente. Logo, o profeta dá a volta e pérdese co seu báculo entre a xente. E segue a festa.
Calquera da miña idade pasou a vida escoitando razóns para non falar galego nin escribilo. A metade procedían de persoas que o atacaban porque consideraban o castelán a única lingua viable para unha Galicia moderna. Pero a outra metade procedían dos que o defendían. Uns dicían que o galego non tiña vocabulario e os outros que había que cambiarlle o vocabulario; uns dicían que non valía para nada porque era unha lingua de labregos e os outros que non sería unha lingua de verdade mentres fose só de labregos. Sen libros, sen televisión e sen uso administrativo, dicían, a lingua perderíase. Logo houbo todo iso, pero aínda así non había motivos de alegría. «É peor aínda» proclamaban, porque os medios empobrecían a lingua e a administración apropiábase dela para secuestrala.
Se un crese nestas profecías, efectivamente sería mellor deixar o galego na maleta debaixo da cama. ¿Que sentido tería para eses nenos falalo e escribilo outro día que non fose o 17 de maio? Afortunadamente, o galego sobreviviu mil anos tanto aos seus detractores como aos seus defensores. E sobrevivirá onde sobreviviu sempre, entre a xente que o fala sen saber por que, e tamén un pouco entre os que adopten como ferramenta para a súa vida, non necesariamente como un sacerdocio, e ata sobrevivirá un pouquiño gracias a todos.
a verdade e que e un artigo muy bo e reflexa mui ven a realidade do galego...
en galicia hai dous tipos de glego falantes, os de sempre: os que o mamaron desde nenos..e os que nunca o falaron e que pra darse de nazionalistas falan un galego que no entende ninguen,,,,
procurarei escribir,mais cousas sobre a utizacion politica de lingua por parte dos nazionalistas
un forte abrazo
e viva galicia catolica e hispana!!!
viva españa!!!!!!
viva cristo rey!!!!!!!
Marcadores