E agora un pouco de historia. É unha pena que non vos poida ensinar algunha da ilustracións que aparecen. As negriñas son miñas e o que está subliñado e entre parénteses son notas miñas.
"A sociedade americana
Os españois organizaron (en terceira persoa, non vaia ser que algún alumno se sinta español) nas Indias unha sociedade desigual, baseándose en criterios raciais. (Esto último xa estaba en negriña no orixinal).
Os españois ocupaban a posición superior na sociedade colonial. (Pobriños indios, non lles deixaban gobernar, pese a súa cultura primitiva). Controlaban o comercio, as terras e os cargos de goberno.
Os mestizos eran fillos de español e india e ocupaban un lugar intermedio entre a minoría branca e a maioría indíxena. (Pero non quedamos en que eran racistas?).
Os indios (...) sufriron moitos abusos, a pesar de que as Leis de Indias os protexían.
(...)"
"A xustificación pola fe
De aquí resulta que, se dixésemos que non temos pecado, somos mentireiros. E é un erro crer que este mal pode curarse mediante as obras, sendo así que a experiencia é testemuña de que nas nosas boas obras, por moi grandes que sexan, queda sempre esta tendencia ao mal e ninguén está libre dela, nin sequera o neno dun día. Pero a misericordia de Deus consiste en que, manténdose esta situación, non se lles imputa como pecado aos que o invocan e xemen pola súa liberación.
MARTIÑO LUTERO, 1515-1516"
(Se algún cargo de conciencia lles quedaba ós alumnos, xa quedou erradicado).
Marcadores