Unha formación que perdeu o 30% da súa representación nos últimos oito anos
Autor: M. C. G. Data de publicación: 1/3/2009
O antigo Convento das Oblatas de Santiago, reconvertido en Hotel Palacio do Carmen , foi o marco escollido pola formación nacionalista para seguir o escrutinio e celebrar unha festa que, a pesar do envorco electoral, non se suspendeu. Aínda así, as caras longas apuntaban o momento decisivo no que entra o Bloque que, tal e como recoñeceu o propio Quintana, debe abrir un proceso de reflexión.
O BNG alcanzou o seu teito histórico en 1997, cando liderado por Xosé Manuel Beiras, alcanzou os 18 deputados e colocouse como segunda forza política, por diante do PSOE. Catro anos despois, a formación mantívose en 17 escanos pero no 2005 comezou o seu costa abaixo. Así, as primeiras eleccións ás que concorreu Anxo Quintana, fai case catro anos, o BNG houbo de conformarse con 13 escanos. O que noutro escenario fose un #mancar\\\\, amorteceuse grazas á tirita que significou entrar no Goberno xunto ao PSOE de Emilio Pérez Touriño e desaloxar a Manuel Fraga do Goberno.
Con todo, o escenario que se abre desde onte, tras perder en dous comicios o 30% dos escanos, teñen un agravante: a perda de votos prodúcese despois de que, por primeira vez, gobernen.
Aínda que onte Anxo Quintana resistíase a falar de cambios, el mesmo recoñecera na precampaña que se o Bloque non melloraba os seus resultados, tería que asumir responsabilidade. O pistoletazo de saída para o novo Bloque arrinca hoxe mesmo, coa reunión da executiva da formación, que deberá avaliar e valorar os datos do 1-M.
Aínda que Quintana non quixo facelo público, no seo do Bloque manexaban algunhas das razóns, que desde o seu punto de vista, podían conducir á perda de apoios. Dun lado o momento de crise económica, que sería decisiva; doutro, apuntaban que votantes tradicionais de dereitas que habitualmente se mantiñan á marxe destes tipos de comicios acudiron a votar porque viron que había opcións de cambio. Pero sobre todo, que o que fai catro anos interpretouse como unha mobilización da esquerda foi en realidade un rexeitamento dos votantes do PP ao candidato presentado.
Marcadores