texto de 1937 -para ser ollado moi criticamente:


OS NOVOS SÍMBOLOS DA NOVA GALIZA


Non hai para qué decir que a un novo réxime correspóndenlle novos emblemas porque os símbolos tradicionales non se axeitan ben a nova concepción da vida política ou simplemente por un afán de renovalo todo. Galiza vai sentir este afán e compre coutar o posible mal gosto de calquera improvisación. Imos, pois, a talar da bandeira e do escudo de Galiza, sometendo o noso parecer á consideración dos galegos antifeixistas. [só uns cantos roxos tén o dereito a opinar sobre os ímbolos da sus terra]

Lémbrome de que nas longas discusións que na nosa Terra se promoveron encol da bandeira tradicional de Galiza, ninguén acertou a demostrar cómo era e cáles eran as súas coores [!]. Somentes os que calábamos sabíamos que a bandeira tradicional de Galiza nin era branca coa cruz de Sant-Iago no centro nin era azul e branca. A bandeira galega (ímolo decir agora por primeira vez) era bermella cun cáliz no centro. Así aparece, pol-o menos, nun dos cartóns que pintou Durero para os tapices de Maximiliano.

Agora ben, a bandeira que coñecen os galegos foi inventada por Murguía e foi adoptada pol-os galeguistas, que lle trocaron o azul celeste en azul ultramar. Non está de máis asegurar que non era bandeira de partido senón bandeira nacional [moi cuestionable]. O partido engadíalle unha estrela roxa como o axuntamento compostelán lle engadía a cruz de Sant-Iago ou calisquera católico lle engadía o cáliz.

A bandeira pode ser a mesma de agora, trocándolle definitivamente o azul celeste do tempo de Murguía no azul ultramar que se adoptou nos tempos da loita autonomista. Foi, e debe ser, un símbolo de paz e de liberdade. Esta bandeira, tan combatida pol-os monárquicos galegos [alfonsinos, carlistas?], está consagrada pol-o pensamento derradeiro de moitos mártires e todol-os galegos levámola xa no noso corazón.

O escudo tradicional debe trocarse por outro [por qué?]. Seríamos parvos se creésemos que pode subsistir dispois da guerra o escudo tradicional de Galiza co seu emblema eucarístico, pois ainda que lle atribuísemos unha outísima siñificación poética, identificando-o co Santo Graal, non sería respetado poI-os sobreviventes galegos dispois do sacrílego proceder da Eirexa católica no noso país [desvarío sectario, anticlerical e masónico]. Acatemos, pois, a realidade e criemos o novo escudo.

O dibuxo que acompaña estas liñas pode aforrar toda explicación; pero non estará de máis unha defensa anticipada deste proiecto.

O emblema comunista -fouce e martelo cruzados- que representa a unión dos obreiros e campesiños atrai a nosa atención [e tanto que a atrai!], porque quixéramos dar con un símbolo igoalmente afortunado que representase a unión dos labregos e mariñeiros de Galiza. ¿Cruzar unha fouce cunha angla? Sería un plaxio desafortunado. Tamén se poderían cruzar dous froitos do traballo galego. ¿Un peixe e unha espiga? Resulta antiartístico. Sería preferible recurrir aos emblemas tradicionales que lembrasen a grandeza espiritual ou social de Galiza. Fixen probas para combinar a estrela coa cuncha e aparte de non deixarme satisfeito resultaba unha rememoración das pelerinaxes xacobeas e non un recordo da nosa universalidade. [resumo: Castelao parte do emblema comunista para as sua pintada].

Se os nacionalistas alemáns -co gallo de considerárense arios- non roubaran para si a «icurriña» vasca teríamos nós un emblema xenuinamente galego: a esvástica de tres brazos curvos encerrada no círculo, ou trisquele, que representaría o sol -pai de toda fecundidade- [ten-lle noxo á Igrexa, pero non ao neopaganismo!]. A esvástica dos alemáns, cos brazos doblados en ángulo 'recto, xa non é aria senón adaptación dun vello emblema cruciforme ao cristianismo [o caso é facer o que manda a loxia!]. Na Europa somentes os vascos tiñan direito a usar este símbolo -por ser tradicional en Euzkadi- e usárono moito antes que os alemáns como distintivo nacionalista [burro!!!]. A esvástica galega, que tan arreo aparece na época castrexa e que pol-o tanto é celta, sería un xurdio emblema nacional para Galiza. Os alemáns roubaron a «icurriña» vasca e fixeron imposible o «trisquele» galaico. [que masonizado estaba este nacho]

Non-os quedaba máis que a fouce de ouro sabor dun fondo azul e a estrela bermella, como emblemas do Traballo e da Liberdade [non faltaba mais!]. Ourelando o escudo compría deixar patente o martirio de Galiza [choromicando, coma hoxe!]. E a sirea, que perteñece á heráldica galega, como símbolo mariño que tale do engado atlántico, orixe das nosas aventuras.[vivan os contos! aliás, á heráldica galega pertencen moitas outras cosas que desbotou]

Ren máis. E perdoádeme que aborde este tema con tanta anticipación. Cicáis sexa por esquecer as angurias presentes.



resumindo, unha porcallada totalitaria, masónica e comunista.