SONDAXE DO EUROBARÓMETRO
Os pais viven alleos ao que seus fillos fan na rede
[09/02/2006 12:37] "Nais e pais deberan darlle a coñecer a seus fillos os riscos que poden xurdir cando usan internet e dicirlles que facer en casos de desconcerto. Tal e como se lle dan indicacións aos cativos sobre seguridade vial, agora tamén hai que contarlles na casa sobre as regras básicas para andar pola rede". Así o comentou esta semana a comisaria europea para a Sociedade da Información, Viviane Reading, aproveitando o "Día para unha Internet máis Segura". Durante a xornada coñeceréronse datos do Eurobarómetro segundo os cales apenas dous de cada dez pais europeos lle pon regras dalgún tipo aos fillos para o uso do computador, malia que a metade deles afirman navegar en internet habitualmente.
http://www.vieiros.com/anteriores.php?anc=0&mnc=-1〈=gal&id=2006-2-8
Actualmente hay 1 usuarios viendo este tema. (0 miembros y 1 visitantes)
Marcadores