Érguese o
pano e aparece unha corte aldeán.
Enriba do
estrume hai unha vaca morta. Ó redor da vaca hai unha vella
velliña, unha muller
avellentada, unha moza
garrida, dúas rapaciñas bonitas, un
vello petrucio e tres nenos
loiros. Todos choran
a fío i enxoitan os ollos coas mans. Todos fan o
pranto e din cousas tristes que fan rir, ditos
paifocos de xentes labregas,
angurentas e cobizosas, que pensan que a morte dunha vaca é unha gran desgracia. 0
pranto debe ter unha gracia
choqueira, para que
estoupen da risa os de "patio de butacas".
Marcadores