A única crítica que lle atopo ao poema é cando Pintos semella louvar a Riego (o poeta chama-lle "Rego") e procede a falar dos Cen Mil Fillos de San Luis como antes falou do invasor napoleónico.

A explicación que se me ocorre para isto é dupla: por unha banda, Pintos ve-se alienado polo mal goberno "dos persas" de Fernando VII; pola outra Pintos non ten clara a significación destes acontecimentos históricos, o cal pon de manifesto cando mestura o episódio anti-francés da Maria Pita co exército do Duque de Anguleme, como pode ver-se ...

do seguinte extracto na páx. 367:

Seis anos ja levaba en triste pranto
España que amarrada ó despotismo
Escrava sin alento no crebanto
Non daba ja señales de civismo;
Cando un gallego ardendo en patriotismo
O General Quiroga unido a Rego
Uu grito santo da en Andalucia
E torna España à vida e à alegria.

Pero ¡ay! ¡aquel contento
Cal lòstrego pasou en un momento!
¡Volvendo muy agiña os farisèos
Que gritan libertade a boca chea
Detrás dos Pirinéos
E queren gobernar a casa allea!
¡Cen mil deles viñeron
E tendo ja o camiño preparado,
Por degredo fatal de negro fado
Señores ¡ay! de España se fixeron!

Pero ò entrar en Galicia
A gálica milicia,
Na Cruña tiña posto o pensamento,
Non julgando que alí non entraria
Sin pagar muy bèn caro o atrevimento.
Chegouse pois c' a sua artilleria
Cuidando achar aberta
A praza que c' a gente en bateria
Paraba na defensa muy alerta.
A garnicion esperta
Vislumbra dibuxado en grandes sombras
Po la porta de Abaixo e na de Arriba
Quen ò frances reciba:
É Marte c' a sua lanza relucente,
Neptuno impetuoso c' o tridente.

Anque España ja toda está rendida,
E casi tod' as prazas ja tomadas,
E a libertá perdida.
Na Cruña vai a dar as boqueadas;
Non pode consentir, o honor llo adita,
Que o mais fero inimigo sin ver sangre
Profane a gran ciudá de Maria Pita
¡Oh heroína ilustre que cal Palas
Armada te lanzache a Enrique Nòris
E fugíronche vinte mil ingreses!
0 genio teu alenta òs Herculiños
En vinte e tres no sitio dos franceses.

----

O resto da composición é simplesmente grandiosa