
Iniciado por
Cavaleiro
pois verás ... pensei que a pregunta tiña a sua retranca. Xa sei que non es parva ... deche connosco, estas en Hispanismo.org -por certo, benvida!
Castelao foi un filocomunista de "ida e volta". Asi que a Frente Popular o mandou á URSS e logo chegou a Guerra Fria o seu frentepopulismo amoleceu. Por iso hai notables diferenzas entre os libros do Sempre en Galiza. Por iso, a obra remata propondo esa masónica federación ibérica e federación mundial -globalismo precoz?
Ora ben: o Consello de Galiza en Buenos Aires estaba inzado de masóns. E os nexos co nacionalismo de postguerra tamen o estaban; por exemplo, segundo se di, o pai de Beiras foi masón. Existe unha conexión entre masoneria e "galeguismo" que ainda non puden estudar a fondo, pero a conexión existiu antes da guerra e existiu despois no galeguismo culturalista e en certas correntes socialistas.
Para os culturalistas, durante a guerra fria e o Franquismo, a estrela vermella era moito; por iso se dan estas variantes sen fouce e estrela. Contodo, o modelo presentado por Castelao en 1937 para ser Escudo de Galiza unha vez refrendado o Proyecto de Estatuto polas Cortes republicanas (isto aconteceu en sesión celebrada en Montserrat) era o da fouce e a estrela.
Disque a serea provén dun ornamente pétreo na cidade vella de Pontevedra -cousa que non puden comprobar nunca. A fouce fora xa un simbolo usado polos agraristas, que para nada foran comunistas, e en A Nosa Terra antes da Guerra. A estrela vermella xa sabemos ... Creo que debo ter o texto do seu proxecto de Escudo por algures, vouno revisar, por se interesa.
Abofé que si, ainda que matizo: o trisquel sendo un fermoso símbolo non é exclusivo de Galiza como si o é, en certa medida, a Cruz de Santiago. Aliás, é un símbolo que non expresa ben a realidade política do Reino cristiano, sexa suevo o posterior.
Se gostas dos trisqueis, pasa polo museu do Monte Santa Tegra na Guarda o polo Museu Arqueolóxico de Ourense -hainos para dar e tomar!
Marcadores