Cita Iniciado por Eurogalo
Queria facer unha suxestión. Prenderlle lume a ises trapos que se teñen por bandeiras galegas, levando no seu centro estrelas vermellas e demais emblemas de "apátridas" galegos, e izar unha vez mais os vellos estandartes nacionais como a cruz de santiago ou o trisquel. Xa no 1932 o Grupo Ultreia utilizaba a bandeira galega co trisquel no medio. Asi na “Carta da Organización” descrebiase do seguinte xeito: “4.- Cada Liña {doce ducias -264- de rapazes} terá unha bandeira que será a galega azul e branca co trisquele no medio (...). A bandeira do Consello é toda azul co trisquel cubrindo o campo da bandeira.”
isto colleche-lo duns nazis galegos que tén unha web chamada Arenga; eu tamen uso o google

Cita Iniciado por Eurogalo
O trisquel como calquer simboloxia celtiga non ten pq ser simbolo anticristiano, como ben dis non expresa o sentimento do reino cristiano, pero si é un dos mais antigos simbolos galegos que a sua vez fai de enlazo con os outros pobos de orixes celtas, e que pode ser perfectamente adaptado ó cristianismo e ós costumes do pobo galego.
o problema do trisquel, repito, é que non é exclusivo de Galiza, nen, se nos pomos a abranxer moito mais, da Europa.

Logo, o Cristianismo é un elemento fundamental na conformación do Reino de Galiza: a conversión da nobreza sueva é o feito que solidifica a unidade política do primero reino, do pre-visigodo.

Por último, a Cruz de Santiago é o cálice si son símbolos con certa exclusividade, usados ambos desde hai séculos.

A Cruz de Santiago non só expresa a inspiración tradicional cristiá de Galiza como sociedade e reino, senon tamen a forza reconqustadora e a europeidade das rotas xacobeas, auténtica rede transeuropea desde hai un milenio.

O cálice ten o mesmo sentido, pero tamen é un grande símbolo do espiritualidade galega, céltiga e europea expresada no mito do Sant-Graal. E por riba, é o elemento central do escudo do reino baixo medieval e renacentista, plenamente incorporado na empresa hispánica -ainda que por desgraza non sempre na sue heráldica, pero este é outro problema.

Isto todo non o ten, ou non o di, o trisquel.


Cita Iniciado por Eurogalo
No meu post da derradeira aportación xenética dos galegos, ven explicada a adaptación ao cristianismo dos celtas bretóns sen problema algún.
e tanto que se adaptaron ... foron unha pedra angular da Igrexa no Reino Suevo e tiveron unha diócese propia. Pero isto non ten nada que ver coa simboloxia galega. Sabes o que darían os bretóns de hoxe por teren eles un escudo como o galego, con o cálice do Graal?