Hola amigo. Sei que o fas con toda a tua boa intención e agradezo o teu interese pola nosa lingua, dígocho en serio. Pero ten en conta que "castelanizar" o galego (Aínda que sei que non o fas con mala intención) conduce a darlle forza aos típicos "choromiqueos" separatistas e neste caso con parte de razón, xa que o galego ten a súa propia normativa e gramática (Aínda que recoñezo que eu tampouco o escribo perfectamente)
De tódolos xeitos, debo admitir que é fermoso e lembra moito ao galego dalgúns escritores de finais do século XIX cando aínda non existía normativa. Resúltame curioso que o coñezas non sendo galego. Cómo o aprendiches?
Póñoche como exemplo o "Noso Pai" en galego normativo (Espero non trabucarme)
Noso Pai que estás no ceo
santificado sexa o teu nome
veña a nós o teu reino
e fágase a túa vontade
aquí na terra coma no ceo
danos hoxe o noso pan de cada día
perdoa as nosas ofensas
como tamén nós perdoamos a quen nos ofende
non nos deixes caer na tentación
e líbranos do mal.
Amén.
Marcadores